Keruin P. Martínez

«Se eu fose autor»  Se eu fose autor escribiría unha peza en dous lances. A obriña duraría dez minutos nada máis. LANCE PRIMEIRO Érguese o pano e aparece unha corte aldeá. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ao redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros. Todos choran a fío e enxoitan os ollos